16/7/13

Cometas en el cielo


Cometas en el cielo é unha película dirixida por Marc Forster que se estrenou no ano 2007 -en España 2008-. Supuxo a adaptación ao cine da novela do  afgano-americano Khaled Hosseini.

Sinopse:

"De nenos Amir e Hassan eran amigos inseparables en Kabul. Pero un suceso terrible acabará separándoos. Anos despois, Amir embarcará nunha perigosa viaxe para enmendar os erros do pasado, amosando valor e lealdade ao amigo".



KATMANDÚ

Hoxe preséntovos KATMANDÚ, un espejo en el cielo, da directora Iciar Bollaín. Esta película está basada no libro "Una maestra en Katmandú" de Victoria Subirana. Gravada en Nepal, tanto en Katmandú como no reino de Mustang, e inspirada en feitos reais, narra a estancia dunha mestra catalana, Laia, que chega a Katmandú nos anos noventa, para ensinar aos nenos máis humildes, e que a miúdo son vítimas dun terrible tráfico sexual. Porén, o seu proxecto verase truncado cando non lle renovan o visado. Terá que casar para poder permanecer no país.


Katmandú, un espejo en el cielo - Trailer por TrailersyEstrenos