Inspirada nun feito real, estase a proxectar estes días nos cines Les femmes de l’ombre de Jean-Paul Salomé, protagonizada por Sophie Marceau, na que a muller ten un protagonismo absoluto.
En maio de 1944, os ingleses reclutan un comando de cinco mulleres que tiran en paracaídas na Francia ocupada. A súa misión é protexer o segredo do desembarco de Normandía, e para lograr este obxectivo teñen que rescatar a un xeólogo militar que se atopa enfermo nun hospital ocupado polos nazis. Mais, cumprida a súa misión, vense obrigadas a colaborar coa resistencia francesa para matar ao coronel Heindric, xefe do contraespionaxe alemán.
A película quere ser unha homenaxe á memoria de Louise Desfontaine, unha axente do S.O.E. que levou a cabo a misión de rescatar a un xeólogo militar inglés que traballaba na praia de Normandía preparando o desembarco, e a todas as mulleres que colaboraron na sombra para derrotar o fascismo.
A película destaca especialmente na recreación da época e na fotografía así como no traballo das actrices e actores, con escenas de gran tensión, aínda que algúns críticos opinan que “en lugar de ver a ese grupo de mujeres que permanecieron durante décadas en la sombra, contemplamos más bien la belleza de las actrices, jugando a empuñar un arma, pintarse los labios para salir a matar, retocarse el flequillo. Nada que ver todo ello con el lodo, la metralla, la muerte.”
O mellor que se pode facer para opinar é vela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario