3/6/09

ZORBA, O GREGO

Hai hoxe oito anos que morreu Anthony Quinn, gañador de dous Óscar e merecedor de moitos máis, un actor de raza capaz de dar vida aos personaxes máis diversos. Foi Búffalo Bill, o irmán de Zapata, Paul Gauguin, Atila, Barrabás, Zeus, o Papa... e sobre todo, Zorba o grego, a máis conseguida identificación dun actor co seu personaxe, un clásico.

Zorba é a historia de dous homes, o extrovertido grego nómada Zorba (A. QUINN) e o tímido escritor inglés Basil (ALAN BATES), que coinciden na illa de Creta e acaban sendo parte dela. Basil herda unha pequena propiedade na illa e alí coñece a Zorba, un home cheo de vitalidade e ilusión pola vida. Cando Zorba acepta o traballo que lle ofrece Basil na súa mina abandonada, este inicia un camiño de aprendizaxe da vida, pasando de ser un mero observador a disfrutar da súa existencia.

A película, dirixida por M. Cacoyannis e estreada no 1964, está baseada na novela Alexis Zorba de Nikos Kazantzakis, e foi gañadora de tres óscar: mellor actriz de reparto para Lila Kedrova, mellor dirección artística e mellor fotografía, e foi candidata a catro máis: mellor película, mellor director, mellor guión adaptado e mellor actor principal para A. Quinn. Ademais esta película fixo famosa a música de Theodorakis e o sirtaki, danza típica grega.

2 comentarios:

  1. Grazas por recuperar para todos este magnífico final dunha magnífica película.

    ResponderEliminar
  2. Alégrome de que che gustara. Estas imaxes ademais de acadar un sentido na histora da película tamén teñen outro externo que sempre estará asociado a ti.

    ResponderEliminar