O vindeiro 9 de outubro estréase en España a película de Amenábar, ÁGORA, tal vez a película máis esperada deste ano. Trátase dunha superprodución que costou 50 millóns de euros e que podemos encadrar dentro do xénero denominado peplum. A película conta a historia de Hipatia, unha muller astrónoma, matemática e filósofa que vive en Alexandría no século IV da nosa era, cando Exipto se atopa baixo o dominio do Imperio Romano. As violentas revoltas relixiosas que se suceden nas rúas alcanzan á súa lendaria Biblioteca. Atrapada tras seus muros, a brillante científica Hipatia loita por salvar a sabedoría do Mundo Antigo coa axuda dos seus discípulos. Entre eles, os dous homes que se disputan o seu corazón: Orestes e o escravo Davo, que se debate entre o amor que lle profesa en segredo e a liberdade que podería alcanzar uníndose ao imparable ascenso dos cristiáns.
Á espera de falar de novo desta película en outubro, deixámosvos co último tráiler e cun enlace interesante para ir collendo información e opinión:
http://www.culturaclasica.com/?q=node/2950
Á espera de falar de novo desta película en outubro, deixámosvos co último tráiler e cun enlace interesante para ir collendo información e opinión:
http://www.culturaclasica.com/?q=node/2950
Se aínda queredes saber máis sobre este filme podedes informarvos na páxina oficial http://www.agoralapelicula.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario