9/1/11

O DISCURSO DO REI

Unha película histórica que narra a loita do rei Jorge VI de Inglaterra por superar os seus problemas de tartamudez.

Sinopse
Á morte do rei Jorge V, herda o trono de Inglaterra o seu fillo Eduardo VIII. Pero este, demasiado moderno e cunha vida pouco protocolaria, casa coa divorciada Wallis Simpson. Presións procedentes de círculos reales e políticos, levan a Eduardo a abdicar en 1936 tras doce meses no trono. Entón ascende o seu irmán Bertie, afectado desde neno dun angustioso tartamudeo, como Jorge VI de Inglaterra. O seu país atópase ao borde da 2ª guerra mundial e necesita desesperadamente un líder, polo que a súa esposa Isabel se pon en contacto cun excéntrico logopeda de nome Lionel Logue. Malia o choque inicial, o rei e o "médico" comezan unha terapia pouco ortodoxa que os levará a establecer un vínculo inquebrantable. Coa axuda de Logue, a familia, o goberno e Winston Churchill, o rei supera a afección e pronuncia un discurso radiofónico que inspirará o seu pobo e o unirá na batalla. “

O discurso do rei”, baseada na historia real do rei Jorge VI, pai da actual raíña Isabel II de Inglaterra, descrebe o camiño do monarca en busca da súa voz e autoridade.

Boa interpretación dos tres personaxes máis destacados, a saber, o rei interpretado polo actor Colin Firth, a raíña interpretada pola actriz Helena Bonham Carter e o curioso "médico" interpretado polo actor Geoffrey Rush
Se queredes saber máis sobre esta estupenda película, premede
neste enlace ou visitade a páxina oficial.


O DISCURSO DO REI - TRAILER

No hay comentarios:

Publicar un comentario