13/5/10

FURIA DE TITANS

No ano 1981 estreouse unha película chamada "Furia de Titans", dirixida por Desmond Davis que trataba o mito do heroe Perseo. Dita película foi moi aplaudida, principalmente polos seus efectos especiais que hoxe non somos capaces xa de aprezar. Hai algo máis dun mes, o 2 de abril, estreouse outra película co mesmo título, dirixida esta vez por Louis Leterrier.
"Con el consabido lavado de cara para adecuarla al gusto que se presupone mayoritario del siglo XXI, incluída su exhibición en un por otro lado deslucido 3D, nos llega esta 'Furia de Titanes', una estilizada y entretenida producción "made in Hollywood" repleta de efectos y efectismos donde lo más importante es que prevalezca el "entertainment" por encima de cualquier otra posible consideración. De ahí que el resultado, aunque logrado y efectivo por cuanto asegura la distracción prometida y ciertas dosis de espectacularidad, no pasa de ser de usar y tirar, y cuya frialdad artesanal le resta ese pedazo de calor que le permita sobrevivir en el corazón del espectador una vez se enciendan las luces de la sala.
(http://www.elseptimoarte.net/-furia-de-titanes-:-made-in-hollywood-7804.html)"

Deixámosvos co trailer:

25/1/10

PERCY JACKSON E OS DEUSES DO OLIMPO

O próximo 12 de febreiro terá lugar a estrea da película Percy Jackson e os deuses do Olimpo: o ladrón do raio. Trata da historia dun mozo que descobre que é fillo de Poseidón, e os seus amigos semideuses. Todos xuntos percorrerán os Estados Unidos, cheos de monstros mitolóxicos, co fin de restaurar a orde cósmica , rescatar a súa nai e comprender quén son.
Esta película está baseada nunha exitosa saga de libros infantís de xénero fantástico, escrita por RICK RIORDAN. Algúns xa consideran a Percy Jackson como o sucesor de Harry Potter. Aínda que a historia semella ser bastante simple, o director é Chris Columbus, o que tamén dirixiu Harry Potter, polo que esperaremos a que se estree para vela e opinar. Démoslle un voto de confianza.
Déixovos co tráiler.

SE QUEREDES VER MÁIS, PREMEDE AQUI

2/12/09

O BAILE DA VICTORIA

Baseada na novela de Antonio Skármeta, acaba de estrearse a película de Fernando Trueba el Baile de la Victoria, seleccionada para representar a España nos premios Oscar.
Coa chegada da democracia o presidente de Chile decreta unha amnistía xeral para todos os presos sen delito de sangue. Entre eles están o mozo Ángel Santiago, interpretado magníficamente polo actor Abel Ayala, e o famoso ladrón de caixas fortes Vergara Grey (Ricardo Darín). Mentres o veterano ladrón só quere cambiar de vida e recuperar a súa familia, Ángel soña con dar un gran golpe e vingarse do alcaide da prisión. Mais crúzase no seu camiño unha moza orfa, de nome Victoria, que só soña con bailar, e que cambiará as cousas.
Aqui tedes o enlace á páxina oficial onde podedes ver o tráiler.
http://www.elbailedelavictoria.com/

13/9/09

ÁGORA


O vindeiro 9 de outubro estréase en España a película de Amenábar, ÁGORA, tal vez a película máis esperada deste ano. Trátase dunha superprodución que costou 50 millóns de euros e que podemos encadrar dentro do xénero denominado peplum. A película conta a historia de Hipatia, unha muller astrónoma, matemática e filósofa que vive en Alexandría no século IV da nosa era, cando Exipto se atopa baixo o dominio do Imperio Romano. As violentas revoltas relixiosas que se suceden nas rúas alcanzan á súa lendaria Biblioteca. Atrapada tras seus muros, a brillante científica Hipatia loita por salvar a sabedoría do Mundo Antigo coa axuda dos seus discípulos. Entre eles, os dous homes que se disputan o seu corazón: Orestes e o escravo Davo, que se debate entre o amor que lle profesa en segredo e a liberdade que podería alcanzar uníndose ao imparable ascenso dos cristiáns.
Á espera de falar de novo desta película en outubro, deixámosvos co último tráiler e cun
enlace interesante para ir collendo información e opinión:
http://www.culturaclasica.com/?q=node/2950
Se aínda queredes saber máis sobre este filme podedes informarvos na páxina oficial http://www.agoralapelicula.com/

19/6/09

CORAZÓN DE TINTA

Os que tivestes a fortuna de sentir como cobraban vida na vosa imaxinación os personaxes dos contos que vos lían os vosos pais antes de dormir, poderedes entendelo perfectamente.

Mo e a súa filla Meggie de 12 anos, dous apaixoados da literatura, teñen tanto talento contando contos que son capaces de converter en persoas de carne e óso a calquera personaxe da ficción. Mais o problema é que por cada personaxe de ficción que cobra vida desaparece un personaxe real entre as páxinas dun libro. Isto foi o que lle pasou a Resa, a muller de Mo, que quedou atrapada en Corazón de tinta.

Mo buscará o libro durante anos sen dar con el, ata que un día atopa un exemplar nunha librería de vello e comeza unha perigosa viaxe chea de aventuras coa súa filla Meggie.

A película feita polo director británico Iain Softtey a partir dun guión de David Lindsay-Abire, é unha adaptación do libro do mesmo nome de Cornelia Funke.
E tanto na película como no libro o eixe que mantén toda a estrutura é o amor polos libros.

7/6/09

OS MUNDOS DE CORALINE

Excelente película de animación estreada esta fin de semana nas pantallas españolas. Baseada na novela de Neil Gaiman, Coraline, foi dirixida por Henry Selick, realizador de Pesadelo antes de Nadal. É a primeira película de animación stop-motion, rodada en 3D e alta definición, o que lle dá un realismo extraordinario.
Conta a historia dunha rapaza que abre unha porta secreta na súa nova casa e descobre unha segunda versión da súa vida. A primeira vista a realidade paralela é moi parecida á súa vida verdadeira, aínda que moito mellor. Pero cando a súa incrible aventura toma un cariz perigoso e a súa outra nai intenta retela ao seu lado para sempre, Coraline debe recorrer á súa determinación e coraxe, á axuda dos veciños e a un gato negro que pode falar para salvar aos seus auténticos pais, a uns nenos pantasmas e volver para a súa casa.

3/6/09

ZORBA, O GREGO

Hai hoxe oito anos que morreu Anthony Quinn, gañador de dous Óscar e merecedor de moitos máis, un actor de raza capaz de dar vida aos personaxes máis diversos. Foi Búffalo Bill, o irmán de Zapata, Paul Gauguin, Atila, Barrabás, Zeus, o Papa... e sobre todo, Zorba o grego, a máis conseguida identificación dun actor co seu personaxe, un clásico.

Zorba é a historia de dous homes, o extrovertido grego nómada Zorba (A. QUINN) e o tímido escritor inglés Basil (ALAN BATES), que coinciden na illa de Creta e acaban sendo parte dela. Basil herda unha pequena propiedade na illa e alí coñece a Zorba, un home cheo de vitalidade e ilusión pola vida. Cando Zorba acepta o traballo que lle ofrece Basil na súa mina abandonada, este inicia un camiño de aprendizaxe da vida, pasando de ser un mero observador a disfrutar da súa existencia.

A película, dirixida por M. Cacoyannis e estreada no 1964, está baseada na novela Alexis Zorba de Nikos Kazantzakis, e foi gañadora de tres óscar: mellor actriz de reparto para Lila Kedrova, mellor dirección artística e mellor fotografía, e foi candidata a catro máis: mellor película, mellor director, mellor guión adaptado e mellor actor principal para A. Quinn. Ademais esta película fixo famosa a música de Theodorakis e o sirtaki, danza típica grega.