BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.
- Los reyes del Ártico de Sarah Robertson e Adam Ravetch, Paramount Classics/National Geographic Films. Documental que segue a vida dunha morsa e dun oso polar que viven nunha zona na que se están a derretir os xeos polares, ameazando o seu fogar e a súa vida. No mundo salvaxe e xeado do Ártico, todos os anos recomeza un ciclo ancestral: de nacemento, morte e renovación, de amor e vida, de autosacrificio e risco extremo. Aquí inician a súa viaxe máxica dende a infancia ata a madureza, defendidos polas súas nais con toda a forza que lles regalou a natureza.
- La Tierra. La película de nuestro planeta, BBC. Este magnífico documental sobre o noso planeta e as súas transformacións, as condicións de supervivencia dalgunhas especies animais e o seu comportamento natural, en ocasións con elementos moi cómicos, foi realizada coas máis sofisticadas técnicas, ao mesmo tempo que a serie de televisión da BBC Planet Earth. Presentouse á sección oficial do Festival de San Sebastián no 2007.
- 300, película en DVD de Zack Snyder, Warner Bros Pictures, 2007. É unha adaptación da novela gráfica de Frank Miller sobre a batalla das Termópilas, na que Leónidas e os seus 300 espartanos se enfrontaron ao exército persa no desfiladeiro que dá nome á batalla. Morreron todos, mais deixaron o recordo da súa fazaña dende a obra do historiador Heródoto ata os nosos días.
- El cuerpo humano al límite, nova serie de Discovery Channel, amosa cun sorprendente abano de gráficas orixinais e animación, como o noso corpo e o noso cerebro sofren transcentais cambios ao ser forzados a un estado de crise. Gravada en distintos lugares do mundo, presenta conmovedores testemuñas de xente que experimentou unha inusual forza física e mental ao atoparse nunha situación límite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario