27/10/12

A Roma con amor

A Roma con amor é a última película de Woody Allen. É unha comedia romántica, escrita, dirixida e interpretada por el, na que se desenvolven en paralelo catro historias independentes en Roma, cuios personaxes son uns italianos, outros turistas americanos. Todos vense envoltos nuns enredos que, baixo a maxia do seu director, logran entreter ao público.


18/10/11

MEDIANOITE EN PARÍS

A última película de Woody Allen, "Midnight in Paris", é unha divertida e deliciosa fantasía que nos transporta ao París dos anos 20. Como en tantas outras películas deste xenial director, o escenario é unha cidade que se converte no eixe sobre o que xira a trama. Neste caso trátase da cidade de París.
Un escritor norteamericano algo bohemio (Owen Wilson) llega con su prometida Inez (Rachel McAdams) y los padres de ésta a París. Mientras vaga por las calles soñando con los felices años 20, cae bajo una especie de hechizo que hace que, a medianoche, en algún lugar del barrio Latino, se vea transportado a otro universo donde va a conocer a personajes que jamás imaginaría iba a conocer... (Filmaffinity)
Nesta xenial fantasía, Woody Allen transpórtanos a un París idílico, que seguramente só existiu na fantasía do director, e que simboliza esa ilusión que todos temos dunha vida diferente á que levamos...Será que calquera tempo pasado foi mellor?

9/1/11

O DISCURSO DO REI

Unha película histórica que narra a loita do rei Jorge VI de Inglaterra por superar os seus problemas de tartamudez.

Sinopse
Á morte do rei Jorge V, herda o trono de Inglaterra o seu fillo Eduardo VIII. Pero este, demasiado moderno e cunha vida pouco protocolaria, casa coa divorciada Wallis Simpson. Presións procedentes de círculos reales e políticos, levan a Eduardo a abdicar en 1936 tras doce meses no trono. Entón ascende o seu irmán Bertie, afectado desde neno dun angustioso tartamudeo, como Jorge VI de Inglaterra. O seu país atópase ao borde da 2ª guerra mundial e necesita desesperadamente un líder, polo que a súa esposa Isabel se pon en contacto cun excéntrico logopeda de nome Lionel Logue. Malia o choque inicial, o rei e o "médico" comezan unha terapia pouco ortodoxa que os levará a establecer un vínculo inquebrantable. Coa axuda de Logue, a familia, o goberno e Winston Churchill, o rei supera a afección e pronuncia un discurso radiofónico que inspirará o seu pobo e o unirá na batalla. “

O discurso do rei”, baseada na historia real do rei Jorge VI, pai da actual raíña Isabel II de Inglaterra, descrebe o camiño do monarca en busca da súa voz e autoridade.

Boa interpretación dos tres personaxes máis destacados, a saber, o rei interpretado polo actor Colin Firth, a raíña interpretada pola actriz Helena Bonham Carter e o curioso "médico" interpretado polo actor Geoffrey Rush
Se queredes saber máis sobre esta estupenda película, premede
neste enlace ou visitade a páxina oficial.


O DISCURSO DO REI - TRAILER

6/1/11

TAMBIÉN LA LLUVIA

Onte estreouse en toda España a película de Icíar Bollaín También la lluvia, protagonizada por Luís Tosar e Gael García Bernal.
Sinopse:
"Costa, un descreído produtor de cine, e Sebastián, xove e idealista realizador, traballan xuntos nun proxecto ambicioso que van rodar en Bolivia. A cinta que van filmar tratará sobre a chegada dos españois a América poñendo o acento na brutalidade da súa empresa e na valentía de varios membros da Igrexa que se enfrontaron con palabras ás espadas e ás cadeas. Pero Costa e Sebastián non poden imaxinar que en Bolivia, onde decidiron instalar o seu Santo Domingo cinematográfico, agárdaos un desafío que os fará cambalear ata o máis profundo. Tan axiña como estala a Guerra da Auga (abril de 2000) as conviccións dun e o desapego do outro comenzan a fenderse, obrigándoos a facer unha viaxe emocional en sentidos opostos."

Podedes ler AQUÍ a crítica que fai Carlos Boyero da película.
E se queredes TRABALLAR en clase COA PELÍCULA PREMEDE AQUI.

8/9/10

LOPE

Dende o 3 de setembro estase a proxectar en todos os cines Lope, un filme dirixido polo brasileiro Andrucha Waddington baseado na vida do dramaturgo Félix Lope de Vega e centrado nos primeiros pasos do escritor como poeta e dramaturgo profesional.
O reparto está formado por Alberto Ammann, Leonor Watling, Pilar López de Ayala, Juan Diego, Luis Tosar e Antonio de la Torre, acompañados de Sonia Braga, Jordi Dauder, Antonio Dechent, Miguel Ángel Muñoz, Carla Nieto, Mariano Venancio e Ramón Pujol.

A película comeza coa chegada a Madrid do xove soldado Lope, que regresa da guerra tan pobre como marchou e sen saber moi ben a que dedicarse. Escribe poemas por encargo e corrixe adaptacións teatrais para ir subsistindo, ata que se cruzan na súa vida dúas mulleres, Elena Osorio e Isabel de Urbino, que se ben o van axudar a coñecer o que é o amor e a acadar sona como escritor, tamén o van precipitar nunha serie de peripecias que darán cos seus ósos na cadea e posteriormente no desterro.

Ademais podemos escoitar recitar a Alberto Ammann algúns dos poemas que Lope escribiu para Elena e Isabel!

13/5/10

FURIA DE TITANS

No ano 1981 estreouse unha película chamada "Furia de Titans", dirixida por Desmond Davis que trataba o mito do heroe Perseo. Dita película foi moi aplaudida, principalmente polos seus efectos especiais que hoxe non somos capaces xa de aprezar. Hai algo máis dun mes, o 2 de abril, estreouse outra película co mesmo título, dirixida esta vez por Louis Leterrier.
"Con el consabido lavado de cara para adecuarla al gusto que se presupone mayoritario del siglo XXI, incluída su exhibición en un por otro lado deslucido 3D, nos llega esta 'Furia de Titanes', una estilizada y entretenida producción "made in Hollywood" repleta de efectos y efectismos donde lo más importante es que prevalezca el "entertainment" por encima de cualquier otra posible consideración. De ahí que el resultado, aunque logrado y efectivo por cuanto asegura la distracción prometida y ciertas dosis de espectacularidad, no pasa de ser de usar y tirar, y cuya frialdad artesanal le resta ese pedazo de calor que le permita sobrevivir en el corazón del espectador una vez se enciendan las luces de la sala.
(http://www.elseptimoarte.net/-furia-de-titanes-:-made-in-hollywood-7804.html)"

Deixámosvos co trailer:

25/1/10

PERCY JACKSON E OS DEUSES DO OLIMPO

O próximo 12 de febreiro terá lugar a estrea da película Percy Jackson e os deuses do Olimpo: o ladrón do raio. Trata da historia dun mozo que descobre que é fillo de Poseidón, e os seus amigos semideuses. Todos xuntos percorrerán os Estados Unidos, cheos de monstros mitolóxicos, co fin de restaurar a orde cósmica , rescatar a súa nai e comprender quén son.
Esta película está baseada nunha exitosa saga de libros infantís de xénero fantástico, escrita por RICK RIORDAN. Algúns xa consideran a Percy Jackson como o sucesor de Harry Potter. Aínda que a historia semella ser bastante simple, o director é Chris Columbus, o que tamén dirixiu Harry Potter, polo que esperaremos a que se estree para vela e opinar. Démoslle un voto de confianza.
Déixovos co tráiler.

SE QUEREDES VER MÁIS, PREMEDE AQUI